Saltar navegación
Voluntariado galego

XUVENTUDE Curso en liña: Oratoria. Formación en comunicación 2020

[16-04-2020 - 30-04-2020]

Prazo pechado por cubrirse as prazas ofertadas

Destinatarios/as: Mozas e mozos de entre 16 e 35 anos.

Nº. de horas: 9

Nº. de edicións: 1

Nº. de prazas: 20

Contidos:
MÓDULO I: PENSAMENTO E AUTOCOÑECEMENTO.
1.1 O poder do pensamento nas accións comunicativas: cerebro do comunicador e cerebro do oínte.
1.2 Pensar na comunicación antes de preparar unha intervención en público: as 7 preguntas poderosas.
1.3 A persuasión e as súas vías.
1.4 A intelixencia emocional axúdanos a comunicar mellor. Aquilo que nos axuda a chegar mellor.
1.5 O poder de contar historias.
1.6 Algunhas ideas que recapitulan.
MÓDULO II: A FORMA INTERNA
Estruturar diferentes formatos de comunicación: discursos, relatorios, improvisacións:
2.1 Creación de discursos.
2.2 Presentacións en público.
2.3 Improvisación.
MÓDULO III: A FORMA EXTERNA
3.1 Impacto da comunicación: comunicación non verbal, comunicación oral e comunicación verbal.
3.2 Tipos de oradores.
3.3. Avalío a miña oratoria e a dos demais: O poder do feedback.
MÓDULO IV: SER UN BO COMUNICADOR
4.1 Claves para marcar a diferenza, o carisma e a reputación.
4.2 Asertividade e comunicación positiva como medida para previr crises comunicativas.

Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de Teleformación de Voluntariado, www.voluntariadogalego.org

Data de realización: 16 ao 30 de abril de 2020

Copyright voluntariadogalego.org