Saltar navegación
Voluntariado galego

XUVENTUDE Curso en liña: Curso de formación para profesionais do tempo libre no marco da crise sanitaria do COVID-19

[03-07-2020 - 10-07-2020]

O prazo de inscrición estará aberto do 29 de xuño ao 01 de xullo

Destinatarios/as: Profesionais do ámbito do tempo libre infantil e xuvenil. Terán prioridade os monitores e directores de tempo libre, os directores de campos de voluntariado, e persoas con certificado de profesionalidade deste ámbito

É IMPORTANTE QUE INDIQUEDES CLARAMENTE QUE DISPOÑEDES DO TÍTULO CORRESPONDENTE POSTO QUE SE VAI A COMPROBAR. A ACEPTACIÓN DE MATRÍCULAS REALIZARASE POR RIGUROSA ORDE DE INSCRICIÓN

Nº. de horas: 10

Nº. de edicións: 1

Nº. de prazas: 500

Contidos:

- Reflexión inicial sobre o ocio educativo e o tempo libre
- Xustificación do curso de formación


*Módulo 1: Virus respiratorios emerxentes

- Que son os coronavirus
- Síntomas da Covid-19 e contaxio
- Mecanismos de hixiene
- Protección previa nas actividades de tempo libre

*Módulo 2: Medidas persoais de prevención e hixiene
- Medidas individuais: distancia de seguridade e emprego de máscara
- Métodos de hixiene e limpeza

*Módulo 3: Medidas nas instalacións
- Aspectos xerais
- Espazos
- Zonas de comedor e similares
- Zonas comúns
- Lavabos e duchas
- Zonas de descanso: habitacións e tendas de campaña

*Módulo 4: Medidas nas actividades
- Aspectos xerais
- Exemplos de adecuación das actividades
- Limpeza de materiais de actividades
- Modelo de declaración responsable
- Actuación ante un posible caso de Covid-19

*Bibliografía e webgrafía

Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de Teleformación de Voluntariado, www.voluntariadogalego.org

Data de realización: do 3 ao 10 de xullo de 2020

Copyright voluntariadogalego.org