Saltar navegación
Voluntariado galego

XUVENTUDE Curso en liña: Curso de formación para profesionais do tempo libre no marco da crise sanitaria do COVID-19 (2º EDICIÓN)

[10-07-2020 - 20-07-2020]

O prazo de inscrición estará aberto do 7 (o acceso á matricula será a partires das 10:00h) ao 8 de xullo (este día a matrícula pecharase ás 14:00h)

Destinatarios/as: Profesionais do ámbito do tempo libre infantil e xuvenil.

ALUMNOS QUE XA ESTÁN DADOS DE ALTA NA PLATAFORMA DE TELEFORMACIÓN:
Lembra que se xa eres alumna/o da plataforma debes solicitar o curso a través do panel de alumno introducindo o teu nome de usuario e a túa contrasinal (se te esqueciches das claves de acceso solicítanolas en horario de 08:00 a 14:00h enviando un correo electrónico a voluntariado@xunta.gal, especificando o teu nome completo e DNI)


ALUMNOS QUE SE MATRICULAN POR PRIMEIRA VEZ NA PLATAFORMA DE TELEFORMACIÓN:
Deberás cubrir a ficha de inscrición (que será visible aquí o martes 7 de xullo, a partires das 10:00h) e revisa, antes de darlle ao botón de "ENVIAR" que os datos que indicaches sexan os correctos, sobre todo o CORREO ELECTRÓNICO. Tan pronto como premas no botón de enviar chegarache un correo que debes pinchar para validar a túa solicitude de alta na plataforma (revisa a bandexa de entrada e o correo spam). Se escribes mal o email ese correo non che chegará e non poderemos darte de alta.


Nº. de horas: 10

Nº. de edicións: 1

Nº. de prazas: Ilimitadas

Contidos:

- Reflexión inicial sobre o ocio educativo e o tempo libre
- Xustificación do curso de formación


*Módulo 1: Virus respiratorios emerxentes

- Que son os coronavirus
- Síntomas da Covid-19 e contaxio
- Mecanismos de hixiene
- Protección previa nas actividades de tempo libre

*Módulo 2: Medidas persoais de prevención e hixiene
- Medidas individuais: distancia de seguridade e emprego de máscara
- Métodos de hixiene e limpeza

*Módulo 3: Medidas nas instalacións
- Aspectos xerais
- Espazos
- Zonas de comedor e similares
- Zonas comúns
- Lavabos e duchas
- Zonas de descanso: habitacións e tendas de campaña

*Módulo 4: Medidas nas actividades
- Aspectos xerais
- Exemplos de adecuación das actividades
- Limpeza de materiais de actividades
- Modelo de declaración responsable
- Actuación ante un posible caso de Covid-19

*Bibliografía e webgrafía

Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de Teleformación de Voluntariado, www.voluntariadogalego.org

Data de realización: do 10 ao 20 de xullo de 2020 (este último día o curso pechará ás 14:00h)

Copyright voluntariadogalego.org