Saltar navegación
Voluntariado galego

VOLUNTARIADO. CURSO EN LIÑA: CURSO DE VOLUNTARIADO. NIVEL DE ESPECIALIZACIÓN DE CARÁCTER XENÉRICO 2020

[18-11-2020 - 18-12-2020]

O prazo de inscrición estará aberto dende o 16 de outubro ata que se cubran as prazas ofertadas, ou ata 14:30H do día anterior ao comezo do curso.

Destinatarios/as: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia que non fixeran con anterioridade este curso.

Darase prioridade ás persoas que teñan o certificado do curso básico de voluntariado.


Nº. de horas: 20

Nº. de edicións: 1

Nº. de prazas: 150

Contidos:

Este curso centrase no crecemento persoal e grupal do voluntario dentro dunha entidade de acción voluntaria. Inclúe habilidades sociais, traballo en equipo, resolución de conflictos e situacións problemáticas, implicación emocional e os beneficios que nos aporta a nivel persoal o voluntariado.

MÓDULO I: IMPLICACIÓN EMOCIONAL NA ACCIÓN VOLUNTARIA
1.1.- Motivacións, aptitudes e actitudes das persoas voluntarias.
1.2.- Relacións entre emocións e permanencia nunha entidade de acción voluntaria.
1.3.- A intelixencia emocional aplicada ao desenvolvemento das competencias para facer fronte á labor voluntaria. O control emocional.
1.4.- A resiliencia aplicada ao mundo do voluntariado.
1.5.- Seguridade e prevención de riscos.
1,6.- Confidencialidade e protección de datos.

MÓDULO II: HABILIDADES SOCIAIS
2.1.- Conceptualización de habilidades sociais.
2.2.- Clases de habilidades sociais.
2.3.- A adquisición de habilidades sociais.
2.4.- Habilidades sociais básicas a desenvolver na acción voluntaria.

MÓDULO III: TRABALLO EN EQUIPO
3.1.- Que é o traballo en equipo?.
3.2.- Grupo de traballo vs Equipo de traballo.
3.3.- Estratéxias para realizar un bo traballo en equipo.
3.4.- Motivación e traballo en equipo.

MÓDULO IV: RESOLUCIÓN DE CONFLITOS E SITUACIÓNS PROBLEMÁTICAS.
4.1.- Introdución ao concepto de conflito.
4.2.- O ciclo do conflito.
4.3.- Estilos de afrontamento e modelos de resolución de conflitos.
4.4.- Habilidades fundamentais na resolución de conflitos.

MÓDULO V: OS BENEFICIOS QUE NOS APORTA O VOLUNTARIADO
5.1- Que che aporta o voluntariado?.
5.2- O Rexistro de Acción voluntaria de Galicia- Sección de experiencias das persoas voluntarias.
5.3- Que ocorre se a entidade coa que colaboramos non está inscrita no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia?
5.4- A relación das Entidades de Acción Voluntaria e das persoas voluntarias

Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de Teleformación de Voluntariado, www.voluntariadogalego.org


Data de realización: do 18 de novembro ao 18 de decembro de 2020 (peche ás 14:30h)

Formulario de inscrición

A través do seguinte formulario poderás inscribirte no curso descrito anteriormente.
Cubre os datos do formulario e sigue os pasos indicados.

É obrigatorio cubrir todos os datos en MAÍUSCULAS e SEN ACENTOS.

Así mesmo e en relación ao proceso de matriculación, tamén se recorda que unha vez cuberto o formulario de inscrición, recibirás no teu correo electrónico unha mensaxe do sistema informático para validar a túa conta clicando sobre un enlace que aparecerá no corpo do texto. Esto telo que facer antes de que finalice o periodo de anotacións do curso porque doutro xeito quedarás fóra da convocatoria.

Unha vez validada a túa conta de correo electrónico e pechado o prazo de matrícula, recibirás un correo electrónico comunicando se estás aceptado no curso.

Se xa eres alumno deste campus debes darte de alta
accedendo ao teu panel de alumno.

Recorde cubrir os campos obrigatorios.

 
(8 díxitos e letra, sen espazos nin guións)
**
Debes indicar un usario e contrasinal, que serán os que uses para acceder ao teu panel de alumno
*[Lin e acepto a política de protección de datos]
* Campos obrigatorios.
** Debes ter acceso á conta de email para poder validar a inscrición.
Copyright voluntariadogalego.org