Saltar navegación
Voluntariado galego

VOLUNTARIADO. CURSO EN LIÑA: A ACCIÓN VOLUNTARIA EN SITUACIÓNS DE EMERXENCIA DERIVADAS DA COVID-19 2020

[26-10-2020 - 26-11-2020]

O prazo de inscrición estará aberto dende o 16 de outubro ata que se cubran as prazas ofertadas, ou ata 14:30H do día anterior ao comezo do curso.

Destinatarios/as: Este curso está dirixido a persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia.

Nº. de horas: 20

Nº. de edicións: 1

Nº. de prazas: 100

Contidos:

* Módulo I_ O afrontamento dunha emerxencia vencellada ao risco biolóxico
- Introdución lexislativa e conceptual en materia de emerxencias
- Definición e clasificación dos riscos biolóxicos
- Criterios preventivos básicos nos riscos biolóxicos

Módulo II_ Aproximación á acción voluntaria en situacións de especial vulnerabilidade
- Que é a acción voluntaria?
- Perfil e campos de acción das persoas voluntarias
- A importancia das emocións na acción voluntaria. Claves da intelixencia emocional
- O papel do voluntariado e das entidades en contextos de especial vulnerabilidade

Módulo III_ O desenvolvemento do voluntariado nun contexto de pandemia: O Coronavirus
- O impacto do Covid-19 e as medidas existentes nas persoas e colectivos máis
vulnerables: O papel do voluntariado
- Recomendacións xerais no desenvolvemento dunha acción voluntaria segura ante
a Covid-19
- Iniciativas de voluntariado impulsadas neste contexto
- Exercicio práctico.


Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de Teleformación de Voluntariado, www.voluntariadogalego.org

Data de realización: 26 de outubro ao 26 de novembro de 2020 (este último dia o curso pechará as 14:30h)

Copyright voluntariadogalego.org