Saltar navegación
Voluntariado galego

VOLUNTARIADO. CURSO EN LIÑA: AS COMPETENCIAS DO VOLUNTARIADO: UN VALOR EN ALZA 2020

[02-11-2020 - 02-12-2020]

O prazo de inscrición estará aberto dende o 16 de outubro ata que se cubran as prazas ofertadas, ou ata 14:30H do día anterior ao comezo do curso.

Destinatarios/as: Este curso está dirixido a persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia.

Nº. de horas: 20

Nº. de edicións: 1

Nº. de prazas: 100

Contidos:

* MÓDULO 1: CONTEXTUALIZACIÓN DO VOLUNTARIADO.
1.1. Que é a acción voluntaria?
1.2. Persoas voluntarias e entidades de voluntariado.
1.3. Valores que sustentan a acción voluntaria.
1.4. Funcións da acción voluntaria.
1.5. Dereitos e deberes das persoas voluntarias e das entidades de voluntariado.
1.6. Normativa de referencia.

* MÓDULO 2: O VOLUNTARIADO UN VALOR 4.0.
2.1. Aspectos éticos e sociolóxicos do voluntariado. Fundamentación.
2.2. Un valor á alza para o crecemento e transformación individual e colectiva.
2.3. O voluntariado e as competencias.
2.4 O valor engadido do voluntariado plano persoal, profesional e comunitario.
2.5. Un dinamizador socioeducativo: escola de competencias e emocións.
2.6. O voluntariado e o seu impacto na participación cidadá.

* MÓDULO 3: O RECOÑECEMENTO E ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS.
3.1. Que, por que e para que?
3.2. Rexistro de acción voluntaria de Galicia.
3.3. Outras experiencias de recoñecemento.
3.4. Reflexións finais.


Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de Teleformación de Voluntariado, www.voluntariadogalego.org

Data de realización: 02 de novembro ao 02 de decembro de 2020 (este último dia o curso pechará as 14:30h)

Formulario de inscrición

A través do seguinte formulario poderás inscribirte no curso descrito anteriormente.
Cubre os datos do formulario e sigue os pasos indicados.

É obrigatorio cubrir todos os datos en MAÍUSCULAS e SEN ACENTOS.

Así mesmo e en relación ao proceso de matriculación, tamén se recorda que unha vez cuberto o formulario de inscrición, recibirás no teu correo electrónico unha mensaxe do sistema informático para validar a túa conta clicando sobre un enlace que aparecerá no corpo do texto. Esto telo que facer antes de que finalice o periodo de anotacións do curso porque doutro xeito quedarás fóra da convocatoria.

Unha vez validada a túa conta de correo electrónico e pechado o prazo de matrícula, recibirás un correo electrónico comunicando se estás aceptado no curso.

Se xa eres alumno deste campus debes darte de alta
accedendo ao teu panel de alumno.

Recorde cubrir os campos obrigatorios.

 
(8 díxitos e letra, sen espazos nin guións)
**
Debes indicar un usario e contrasinal, que serán os que uses para acceder ao teu panel de alumno
*[Lin e acepto a política de protección de datos]
* Campos obrigatorios.
** Debes ter acceso á conta de email para poder validar a inscrición.
Copyright voluntariadogalego.org