Saltar navegación
Voluntariado galego

VOLUNTARIADO. CURSO EN LIÑA: RSE E VOLUNTARIADO CORPORATIVO 2020

[10-11-2020 - 10-12-2020]

O prazo de inscrición estará aberto dende o 16 de outubro ata que se cubran as prazas ofertadas, ou ata 14:30H do día anterior ao comezo do curso.

Destinatarios/as: Este curso está dirixido a persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia.

Nº. de horas: 20

Nº. de edicións: 1

Nº. de prazas: 100

Contidos:

* MÓDULO I: De que falamos cando falamos de Responsabilidade Social Empresarial (RSE).
• A RSE e os Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable (ODS).
• A tripla conta económica, social e ambiental de resultados da RSE.
• A RSE e os grupos de interese.
• A RSE, a materialidade e as memorias de sustentabilidade.
• A RSE e a lexislación: lei de información non financeira.
• Exemplos de accións de RSE a nivel social, económico e ambiental.
• Vídeos e lecturas complementarias.

* MÓDULO II: O voluntariado corporativo e a súa relación coa RSE
• Que é o voluntariado corporativo.
• A relación co persoal interno das entidades.
• Motivacións e vantaxes para empresas, empregados, ONG e sociedade.
• Chaves para xestionar as relacións empresa-ONG.
• Comunicación interna e externa dun programa de Voluntariado Corporativo.
• ODS e voluntariado. Medición do impacto do voluntariado.
• Lexislación e voluntariado: LEI 10/2011, de 28 de novembro, de acción voluntaria.
• Exemplos de voluntariado corporativo. Internacionais e nacionais.
• Videos e lecturas complementarias

* MÓDULO III: O voluntariado corporativo en Galicia
• As entidades sociais galegas e a súa relación social empresarial.
• Casos de estudo de Galicia. Exemplos de voluntariado corporativo das entidades de
Galicia.
• Vídeos e lecturas complementarias.


Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de Teleformación de Voluntariado, www.voluntariadogalego.org

Data de realización: 10 de novembro ao 10 de decembro de 2020 (este último dia o curso pechará as 14:30h)

Copyright voluntariadogalego.org