Saltar navegación
Voluntariado galego

VOLUNTARIADO. CURSO EN LIÑA: O VOLUNTARIADO DENDE OS CENTROS EDUCATIVOS 2020

[18-11-2020 - 18-12-2020]

O prazo de inscrición estará aberto dende o 16 de outubro ata que se cubran as prazas ofertadas, ou ata 14:30H do día anterior ao comezo do curso.

Destinatarios/as: Este curso está dirixido a persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia.

Nº. de horas: 20

Nº. de edicións: 1

Nº. de prazas: 100

Contidos:

* Módulo I_ Achegamento ao voluntariado dende o ámbito educativo
- O espazo educativo como oportunidade
- A escola e a relación co seu entorno
- Porque debemos de promover o voluntariado dende as aulas?
- O voluntariado na escola: Ferramenta para a transformación social

* Módulo II_ O voluntariado como eixo da formación en valores das persoas: A construción do noso itinerario.
- O voluntariado e a educación en valores
- As motivacións da persoa voluntaria
- A construción dun itinerario vencellado á acción voluntaria

* Módulo III_ Recursos e metodoloxías para desenvolver a acción voluntaria nos centros
educativos
- Principios metodolóxicos básicos
- Recursos e metodoloxías para promover a acción voluntaria nos diferentes niveis
educativos
- Unha proposta de actividades para aplicar no traballo grupal na aula
- Exercicio práctico


Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de Teleformación de Voluntariado, www.voluntariadogalego.org

Data de realización: 18 de novembro ao 18 de decembro de 2020 (este último dia o curso pechará as 14:30h)

Copyright voluntariadogalego.org