Saltar navegación
Voluntariado galego

XUVENTUDE. O MÓBIL COMO ALIADO CONTRA A COVID-19 2020

[03-11-2020 - 24-11-2020]

O prazo de inscrición estará aberto dende o 20 de outubro ata que se cubran as prazas ofertadas.

Destinatarios/as: Profesionais do tempo libre.

Nº. de horas: 15

Nº. de edicións: 1

Nº. de prazas: 50

Contidos:
MÓDULO 1: Poñéndonos en situación
Referencias históricas deste tipo de actividades con dispositivos móbiles. Tipoloxía de xogos e actividades. Aposta polos valores.

MÓDULO 2: Recursos: Como e con que?
Recursos: Tarefas básicas e gratuítas deste tipo de dispositivos susceptibles de usar en diferentes dinámicas. Uso da creatividade no deseño de actividades pensadas para o uso individual de dispositivos móbiles.

MÓDULO 3: A hora da práctica: focemos e xoguemos un pouco.
Implementación práctica: xogos de QR, xogos tipo xeocaching, xogos tipo “Dérive/Stray Boots”, xogos tipo “Local Guides”, xogos tipo “INGRESS”, xogos temáticos e/ou históricos, Aventuras “Field Trip”, concepto de realidade aumentada.

MÓDULO 4 : As TIC e a súa aplicación nos valores de saúde individual e colectiva.
Formación en comunicación nas TIC e aplicación transversal de valores de saúde individual e colectiva.


Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de Teleformación de Voluntariado, www.voluntariadogalego.org

Data de realización: 03 de novembro ao 24 de novembro de 2020

Copyright voluntariadogalego.org