Saltar navegación
Voluntariado galego

XUVENTUDE. OS CAMPAMENTOS COMO ESPAZOS DE PARTICIPACIÓN: FERRAMENTAS E DEBATES 2020

[24-11-2020 - 11-12-2020]

O prazo de inscrición estará aberto dende o 20 de outubro ata que se cubran as prazas ofertadas.

Destinatarios/as: Profesionais do tempo libre.

Nº. de horas: 10

Nº. de edicións: 1

Nº. de prazas: 50

Contidos:
Módulo 1. A participación dentro dos equipos de traballo a debate
A participación: conceptos básicos, orixe e xustificación.
A utilidade das fórmulas participativas para o grupo, as persoas e o propio campamento.
As especificidades dos equipos de traballo nos campamentos: marcos de funcionamento, evolución e idiosincrasia, rango e poder e perspectiva de xénero.
Os modelos de xestión democrática dos equipos de traballo.

Módulo 2. Os catro espazos do equipo de traballo: toma de decisións, xestión emocional, cohesión e indagación
A presenza e funcións dos diferentes espazos nos equipos de traballo no tempo libre.
A reunión centrada na toma de decisións como espazo privilexiado.
A indagación como o lugar da creatividade: máis aló da choiva de ideas.
A cohesión e a celebración como espazos de recoñecemento individual e grupal.
A xestión emocional e de conflitos dende unha perspectiva de crecemento.

Módulo 3. Ferramentas e dinámicas para favorecer a participación e os consensos
A participación e os consensos nos diferentes espazos dos equipos de traballo: ferramentas e dinámicas.
O deseño de procesos de intervención participativa.
A reflexión en torno á posición persoal nas dinámicas participativas.

Módulo 4. A participación da rapazada e da xuventude: espazos de escoita activa e outras ferramentas de participación
Os límites e dificultades en torno aos procesos participativos amplos: un debate aberto.
A ollada crítica aos procesos participativos: análise de realidades actuais e potenciais.
Os espazos de escoita activa como lugares de construción en colectivo do campamento.
A investigación(-acción) de diferentes espazos e ferramentas de participación nos campamentos galegos actuais.


Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de Teleformación de Voluntariado, www.voluntariadogalego.org

Data de realización: 24 de novembro ao 11 de decembro de 2020

Copyright voluntariadogalego.org