Saltar navegación
Voluntariado galego

Novas

(01-10-2007)

Logotipo de Voluntariago Galego

CAMPUS VIRTUAL DE VOLUNTARIADO GALEGO

Xa dispoñibles os cursos de formación ONLINE

Voluntariado Galego avanza ao ritmo das novas tecnoloxías e pon a funcionar unha nova plataforma para a xestión e formación online.

Dende o novo sistema ofrecerase a documentación por módulos dos cursos, facilitarase a comunicación co titor, a través dos espazos de dúbidas, avisos e o foro, poderase realizar a entrega de traballos e realizar os cuestionarios de avaliación e consultar as calificación destes.

Comunicación e formación combinadas para facilitar a aprendizaxe non presencial do voluntariado.

O sistema de formación online inaugúrase co curso "Iniciación ao Voluntariado".

Unha nova ferramenta para a formación.

Copyright voluntariadogalego.org