Saltar navegación
Voluntariado galego

Novas

(08-02-2008)

Indicacións para matricularse os alumnos dos cursos en liña de 2007

Aqueles alumnos dos cursos en liña ofertados en 2007 que queiran anotarse en algún dos tres que se impartirán este ano, non deben de cubrir de novo o formulario de inscrición.

Como alumnos xa matriculados previamente a través da plataforma de teleformación de www.voluntariadogalego.org, xa teñen asignadas unhas claves de acceso polo que non é necesario que volvan enviar os seus datos.

Pasos a seguir
Deben acceder ao campus en liña e clicar na pestana de acceso alumnos. Na ventá que aparece, deben introducir as súas claves e inscribirse no curso que desexen a través do seu panel de control.

Aqueles antigos alumnos que non recorden as súas claves, poden solicitalas de novo a través do Teléfono Solidario (900 400 800) ou ben por correo electrónico a voluntariado@xunta.es.


Copyright voluntariadogalego.org