Saltar navegación
Voluntariado galego

Novas

(29-02-2008)

Comeza o curso Deseño, avaliación e xustificación de proxectos

Dende o departamento de formación EN LIÑA de Voluntariado Galego, informamos a todos os alumnos matriculados no curso ?Deseño, avaliación e xustificación de proxectos? que comezará a impartirse o próximo luns 3 ás 14.00 horas e finalizará o 7 de abril á medianoite. Así, a partir das dúas da tarde do próximo luns, todos os alumnos poderedes acceder aos contidos e ás probas do curso a través do voso panel de control.

Así mesmo, no apartado de AVISOS do menú lateral esquerdo teredes unha mensaxe de presentación dos titores na que vos darán as indicacións oportunas para facer un correcto seguimento do curso.

Novas matrículas e cambio de datos
Debido aos erros detectados no periodo de inscricións que acaba de rematar, recordámosvos que se estades interesados en matricularvos en próximos cursos en liña da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, como ex alumnos da plataforma on line non tedes que cubrir os formularios de inscrición xerais do campus. No seu lugar, accededes ao voso panel de control coas claves que tedes asignadas, premedes en SUSCRICIÓN A OUTROS CURSOS EN LIÑA no menú lateral esquerdo e nos cursos que estean dispoñibles, realizades a matrícula. Automáticamente a vosa solicitude verase reflectida no apartado as AS MIÑAS MATRÍCULAS.


Se queredes cambiar os vosos datos persoais (poñer un novo enderezo de correo electrónico, outro teléfono, modificar as claves, etc), debedes acceder ao apartado OS MEUS DATOS PERSOAIS, tamén no menú lateral esquerdo.

Tamén recordamos que se xa non estades interesados en cursar un curso no que estedes anotados e a matrícula aínda non está activa, non tedes máis que acceder ao apartado AS MIÑAS MATRÍCULAS e eliminala. No caso de que a matricula xa estea activa, chamade ao 900 400 800 ou escribide a voluntariado@xunta.es indicando o asunto da mensaxe e darémosvos de baixa desde aquí.

Copyright voluntariadogalego.org