Saltar navegación
Voluntariado galego

Novas

(03-03-2008)

Retrásase o inicio do curso Deseño, avaliación e xustificación de proxectos (EN LIÑA)

Desde o departamento de formación EN LIÑA de Voluntariado Galego, informamos a todos os alumnos matriculados no curso "Deseño, avaliación e xustificación de proxectos" que por motivos alleos á nosa vontade o inicio do mesmo se retrasa ata o martes 4 de marzo. Así, ao longo da mañá abrirase a plataforma de teleformación a través do cal os alumnos matriculados poderedes acceder aos contidos teóricos e ás probas prácticas.

Avisarásevos convenientemente en tempo e forma da hora de apertura da plataforma. Disculpade as molestias.


Copyright voluntariadogalego.org