Saltar navegación
Voluntariado galego

Novas

(04-03-2008)

Aberto o curso Deseño, avaliación e xustificación de proxectos

Desde hoxe e ata o o 7 de abril á medianoite está aberta a plataforma de teleformación de Voluntariado Galego desde onde se impartirá o curso "Deseño, avaliación e xustificación de proxectos".

Como vos comunicamos onte aos alumnos matriculados, a plataforma ábrese cun día de retraso por causas alleas á nosa vontade. De novo disculpas polas molestias causadas.

Recordade que tedes un saúdo de benvida dos tutores no apartado AVISOS do menú lateral esquerdo e que, a través do voso panel de control como alumnos, podedes poñervos en contacto con eles para resolver dúbidas ou facer preguntas relacionadas co curso.


Saúdos,

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade
Subdirección Xeral de Solidariedade e Participación


Copyright voluntariadogalego.org