Saltar navegación
Voluntariado galego

Novas

(05-03-2008)

Dispoñible a relación de alumnos aptos no curso on line Iniciación á xestión de programas de voluntariado 2007

O departamento de formación de Voluntariado Galego informa a tódolos interesados que no seguinte documento anexo os alumnos do curso en liña Iniciación á xestión de programas de voluntariado poden comprobar a relación daqueles que obtiveron a calificación de apto.

Como criterio de avaliación estableceuse que superarían o curso aqueles alumnos que contestaran a tódolos cuestionarios, tivesen o 50% das preguntas correctas e, a maiores, obtivesen un APTO en todos os traballos prácticos presentados.


Diplomas
Os alumnos aprobados dos tres cursos en liña de 2007 "Iniciación ao voluntariado", "Iniciación á xestión de asociacións" e "Iniciación á xestión de programas de voluntariado" empezarán a recibir os diplomas nos seus enderezos postais en próximos días.

Se algunha persoa cambiou de domicilio recentemente, agradecedemos que nolo comunique na maior brevidade posible para evitar devolucións innecesarias. Recordade tamén que os sobres se envían en correo certificado polo que, se é o caso, non vos esquezades de recollelo na vosa oficina postal máis próxima.


O listado de alumnos aprobados estará dispoñible na web durante 15 días a partir de que remate o prazo de reclamacións.
A partir de aí se queredes saber se estades aprobados enviade un mail a voluntariado@xunta.es.



Copyright voluntariadogalego.org