Saltar navegación
Voluntariado galego

Novas

(18-03-2008)

Aviso IMPORTANTE a todos os alumnos do curso Deseño, avaliación e xustificación de proxectos

O cuestionario do módulo PROBA FINAL SÓ SE PODE REALIZAR UNHA VEZ. Respostadas as dez preguntas, clicades ENVIAR e aparecerá unha ventá na que se pide de novo confirmación da acción. Unha vez premades esta segunda vez en ENVIAR, sexa cal sexa o resultado do voso test, aínda que se remita por erro, non se poderá volver a realizar.

Desde a plataforma de teleformación de Voluntariado Galego recoméndase que respondades ao cuestionario unha vez lidos os contidos teóricos do curso e presentados os cinco traballos que, recordade, é necesario entregar e ter aprobados cun 5 para superar esta acción formativa. Igualmente, o cuestionario só se considerará aprobado se tedes o 50% das preguntas correctas.



Saúdos,
Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego
Copyright voluntariadogalego.org