Saltar navegación
Voluntariado galego

Novas

(08-10-2007)

Revisión de Matrículas

Dende o departamento de Formación ONLINE de Voluntariado Galego, solicitámoslles a todos os alumnos inscritos no curso Iniciación ao Voluntariado e interesados en cursar os vindeiros cursos online ofrecidos por Voluntariado Galego que revisen as súas matrículas.

Para isto, rogamos lean con atención as seguintes indicacións.

1) Para comprobar as solicitudes de matrícula realizadas para os outros cursos online e o seu estado deben acceder mediante o menú do lateral esquerdo ao apartado AS MIÑAS MATRÍCULAS.

Unha vez neste apartado poderá visualizar as matrículas solicitadas e o seu estado. Actualmente todas as matríuculas dos vindeiros cursos están pendentes de validación (inactivas).

2) Se vostede está interesado en matricularse nalgún dos cursos online e aínda non realizou a solicitude de matrícula debe acceder dende o menú do lateral esquerdo SUSCRICIÓN A OUTROS CURSOS ONLINE e realizar a matrícula. Automáticamente a súa solicitude verase reflictida no apartado as AS MIÑAS MATRÍCULAS.

3) Se xa non estivese interesado en cursar algún dos cursos nos que estea matriculado e a súa matrícula aínda non estea activa non ten máis que acceder ao apartado AS MIÑAS MATRÍCULAS e eliminar a matrícula.

Unha vez recibida a solicitide de matrícula no noso departamento procederase coa súa validación. Unha vez validada recibirá un aviso por e-mail indicando a súa activación. Así mesmo, todos os alumnos admitidos nun curso recibirán un aviso por e-mail cando dé comezo o curso.

NOTA IMPORTANTE:

Todos aqueles alumnos xa inscritos e matriculados nun curso online deben solicitar a matrícula para outros cursos online a través do apartado SUSCRICIÓN A OUTROS CURSOS ONLINE do seu panel de alumno e NON dende o formulario xeral do campus.
Copyright voluntariadogalego.org