Saltar navegación
Voluntariado galego

Novas

(06-06-2008)

Dispoñible a relación de alumnos aptos no curso en liña Iniciación ao voluntariado 2008

A Plataforma de Teleformación de voluntariadogalego.org informa a todos os interesados que no documento anexo os alumnos do curso en liña Iniciación ao voluntariado 2008 poden consultar a relación daqueles que obtiveron a calificación de apto.

Recórdase que como criterio de avaliación estableceuse que superarían o curso aqueles alumnos que contestaran a todos os cuestionarios e entregasen todos os traballos obtendo un mínimo de 5 sobre 10 en cada una deles. Os certificados oficiais emitiranse en próximos días.

O prazo para presentar reclamacións, aclaracións ou suxestións estará aberto ata o vindeiro 30 de xuño. Os alumnos poderanse poñer en contacto coa Plataforma de Teleformación a través do enderezo electrónico voluntariado@xunta.es ou ben, chamando aos teléfonos 981 95 73 62 ou 900 400 800 indicando como asunto ou motivo da consulta ?Curso en liña Iniciación ao voluntariado 2008?.



Plataforma de Teleformación
Voluntariado Galego
Copyright voluntariadogalego.org