Saltar navegación
Voluntariado galego

Novas

(02-07-2008)

Aviso aos alumnos do curso Xestión económica nas entidades sen ánimo de lucro

Estimados alumnos/as;

O curso "Xestión económica nas entidades sen ánimo de lucro" finalizou o pasado luns 30 de xuño. Unha vez a titora, Nuria Palmero Sande, teña correxidos os traballos de todos os alumnos/as, colgaranse as notas na sección NOTICIAS da Plataforma de Teleformación e enviarásevos un aviso por correo electrónico para que as poidades consultar e facer as reclamacións oportunas, de ser o caso, no plazo habilitado.

Neste tempo, tamén se vos remitirán os diplomas aos alumnos aprobados. A aqueles que resulten aptos tralo periodo de revisión enviaráselles despois. En ambos casos, o envío sempre se fará en sobre certificado ao enderezo postal que deixastes na vosa ficha de inscrición.


Atentamente,
Plataforma de Teleformación
Voluntariado Galego



Copyright voluntariadogalego.org