Saltar navegación
Voluntariado galego

Novas

(28-07-2008)

Dispoñible a relación de aptos/as no curso en liña Xestión económica nas entidades sen ánimo de lucro 2008

A Plataforma de Teleformación de voluntariadogalego.org informa a todos os interesados/as que no documento anexo os alumnos/as do curso en liña Xestión económica nas entidades sen ánimo de lucro 2008 poden consultar a relación daqueles que obtiveron a calificación de apto/a.

Recórdase que como criterio de avaliación estableceuse que superarían o curso aqueles alumnos/as que contestaran a todos os cuestionarios e entregasen todos os traballos obtendo un mínimo de 5 sobre 10 en cada una deles. Os certificados oficiais emitiranse en próximos días e enviaranse por correo ordinario en sobre certificado ao enderezo indicado na ficha de inscripción.

O prazo para presentar reclamacións, aclaracións ou suxestións estará aberto ata o vindeiro 29 de agosto de 2008. Os alumnos poderanse poñer en contacto coa Plataforma de Teleformación a través do enderezo electrónico voluntariado@xunta.es ou ben, chamando aos teléfonos 981 95 73 62 ou 900 400 800 indicando como asunto ou motivo da consulta ?Curso en liña Xestión económica nas entidades sen ánimo de lucro 2008?.

En calquera caso, sempre se lle solicitará ao alumno/a que deixe constancia da súa consulta por escrito a través do correo electrónico. Se a mesma se realiza fóra do horario de 8.00 a 14.30 horas será respondida a partir do día seguinte.

Plataforma de Teleformación
Voluntariado Galego


O listado de alumnos aprobados estará dispoñible na web durante 15 días a partir de que remate o prazo de reclamacións.
A partir de aí se queredes saber se estades aprobados enviade un mail a voluntariado@xunta.es.
Copyright voluntariadogalego.org