Saltar navegación
Voluntariado galego

Novas

(27-11-2019)

LISTADO PROVISIONAL DE ALUMNOS APROBADOS DO CURSO DE FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA A PREVENCIÓN E O AFROTAMENTO DA VIOLENCIA DE XÉNERO

A Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego informa ás/aos alumnas/os do curso en liña "FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA A PREVENCIÓN E O AFROTAMENTO DA VIOLENCIA DE XÉNERO" que no documento anexo poden consultar a relación provisional daqueles que obtiveron a cualificación de apto/a.

O prazo para presentar reclamacións ou enviar aclaracións e suxestións estará aberto ata o vindeiro 3 de decembro ás 14:30 horas. Os/as alumnos/as poderanse poñer en contacto coa Plataforma de Teleformación de Voluntariado Galego a través do enderezo electrónico voluntariado@xunta.gal

Recórdase que como criterio de avaliación se estableceu que aprobarían o curso aquelas/es alumnos/as que realizaran e aprobaran o total das probas.

O listado de alumnos aprobados estará dispoñible na web durante 15 días a partir de que remate o prazo de reclamacións. A partires desa data se queredes saber se estades aprobados debedes enviar un mail a voluntariado@xunta.gal

Descarga asociada

Copyright voluntariadogalego.org