Saltar navegación
Voluntariado galego

Novas

(12-10-2008)

Novo listado de alumnas/os aprobadas/os no curso Xestión e dirección estratéxica na organización 2008

Estimadas/os alumnas/os;

No seguinte listado preséntase unha nova relación das/os alumnas/os aprobadas/os no curso Xestión e dirección estratéxica na organización 2008. Revisade a vosa calificación, pero recordade que, en todo caso, a nota numérica é simplemente orientativa xa que non ten efectos prácticos. No diploma que envía a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade só consta que se "realizou con aproveitamento o curso" -é dicir, que a/o alumna/a está apta/o-, o temario e o número de horas realizadas.

Recórdase ademais que como criterio de avaliación estableceuse que superarían o curso aquelas/es alumnas/os que entregasen todos os traballos obtendo un mínimo de 5 sobre 10 en cada una deles e aprobasen o test con, polo menos, o 50% das preguntas correctas.

O prazo para presentar reclamacións, aclaracións ou suxestións estará aberto ata o vindeiro 18 de decembro de 2008 ás 15.00 horas. Os alumnos poderanse poñer en contacto coa Plataforma de Teleformación a través do enderezo electrónico voluntariado@xunta.es ou formacion@voluntariadogalego.org ou ben, chamando aos teléfonos 981 95 73 62 ou 900 400 800 indicando como asunto ou motivo da consulta ?Curso en liña Xestión e dirección estratéxica na organización 2008?.

En calquera caso, sempre se lle solicitará ao alumno/a que deixe constancia da súa consulta por escrito a través do correo electrónico. Se a mesma se realiza fóra do horario de 8.00 a 15.00 horas será respondida a partir do día seguinte.



Plataforma de Teleformación
Voluntariado Galego

Copyright voluntariadogalego.org